Skip to main content

[alg-set002] - Liveset Fronte[i]ras07 - VV.AA

Audio Preview

audio
[alg-set002] - Liveset Fronte[i]ras07 - VV.AA




Fronte[i]ras07

Live set.

29-09-07.


Auditorio Municipal de Barcelos. Portugal.

Este evento formou parte da programación de Fronte[i]ras07 - I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares.

Máis info: Fronteiras07

Maksims Shentelevs (Letonia)



Arquitecto, fonografista e artista sonoro que define a paisaxe sonora como un campo de actividade denso e auto-referente, moldeado polo movemento sobreposto de obxectos no espazo. Comezou a traballar con “field recordings” en 2002 centrándose na recolleita sonora, en canto política, non intervencionista da observación de modelos estruturais naturais. Os estudos de campo son tomados como material de base para ser posteriormente modelados no estudo das paisaxes sonoras.

Maksims interesase predominantemente polos biotipos referentes a hábitats de insectos e outras pequenas criaturas. Na actualidade, Maksims está envolvido na construción de instrumentos acústicos e electroacústicos e de obxectos sonoros, en canto ferramentas para un discurso recíproco coa natureza.

Dende o 2003, Maksims participa en residencias e festivais na Letónia, Estónia, Finlândia, Portugal, etc., tendo organizado no 2007 o festival “Mijatmina” (Riga), dedicado as paisaxes sonoras e as texturas do vídeo.

Carlos Suárez (venezuela/Galiza).



Emigra cos seus pais a Venezuela en 1967 e regresa a Galicia en 2005. En 1986, iníciase o seu traballo como compositor creando máis de 40 obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela inícianse en 1989, principalmente ás áreas culturais indíxena e afrovenezolana, facendo gravacións e estudos sobre a bioloxía acústica das zonas visitadas (paisaxes sonoras). Tamén realizou máis de 36.000 compases de transcripciones de música tradicional de todo o mundo.

António Pedro (Portugal).



Licenciado en Socioloxía e estudou música na Drummers Collective, NY, en diversas escolas de Jazz e con músicos portugueses e estranxeiros (Zé Eduardo, Nuno Rebelo, John Riley, etc.). É baterista, percusionista, multi-instrumentista e compón para teatro, cinema, vídeo e danza.

Dirixiu a banda performática Bigodes Band, inspirada na música de Nino Rota para Fellini, que actuou en festivais en Portugal, España e Bélxica. Compón, entre outros, para as compañias de danza belgas Compagnie Le Luxe (“La raine 27”) e Compagnie Sac a Dos (“Memoires d’une arbe”) e para a peza “Carrada de Bestas” do Teatro Rexional da Serra de Montemuro. Actualmente dirixe o seu proxecto mutante de filmes-concertos DÛ, compoñe a música da longa metraxe “Águas Mil” de Ivo M. Ferreira, xuntamente con o cal dirixiu o filme "O Homem da Bicicleta - Diário de Macau"

Madamme Cell (Galiza).



Pezas compostas con “células” ou obxetos sonoros extraídos de varias grabacións de improvisacións libres ou “asombros”. “Reanimación dunha librería repleta de .wavs en pleno delirio de sometemento, dispostos a calquer tipo de vexación con tal de saír de C:\ig\madame cell\impros\mostras. Proxección secuencial de diapositivas sonoras ou exaltación do obxeto sonoro metamorfoseado en texturas ou paisaxes. Contrapunto de timbres ou sucesión de superposicións. Mostrario de mostras ou manipulación de cadeas de símbolos. A emoción sempre residual. ¿unha lástima?”

Rui Costa e Manuela Barile (Portugal / Italia)



Manuela Barile (n. Bari, Italia 1978) é unha perquisadora vocal e performer interdisciplinar. A súa pesqusa artística baséase nunha mestura entre voz e diferentes medias (video, fotografía, instalación, performance, deseño, escrita). Na secuencia de experimentacións sistemáticas e constantes adquire e desenvolve técnicas vocais únicas e persoais. Co motivo de enriquecer a súa bagaxe sonora, efectuou unha serie de estudos e pesquisas en torno ás tradicións vocais occidentais e orientais, de xeito autodidacta e xunto a mestras como Amelia Cuni para o canto Druphad e Tran Quang Hai para o canto difónico. O seu CD “Creature Sonore” foi publicado no 2007 polo Alg-a Netlabel.

Actualmente vive en Lisboa, colaborando co artista sonoro Rui Costa nun proxecto de longa escala “La Scatola”, concebido coma unha serie de instalacións /performances. Este proxecto terá a súa estrea en Novembro do 2007, dentro dunha residencia a realizar en Nodar, Portugal.

Rui Costa é un artista sonoro de Lisboa, Portugal. Desenvolve a actividade artística dende hai maís de 10 anos. A súa expresión artística focalízase na creación de texturas sonoras intrincadas a través de técnicas de manipulación computacional de sons e utilizando gravacións de campo e sampling ó vivo de instrumentos acústicos. Desenvolveu varios proxectos conceptuais, presentados en galerías de arte e en espazos de concerto en Portugal, España e EEUU. Coo exemplo, paga a pena referirse ó traballo multimedia “Nodar” desenvolvido conxuntamente con Iñaki Ríos e estreado no 2002 no festival Musica Ex Machina en Bilbao, España. Algúns dos seus traballos foron publicados en diversas compilacións de arte sonora (Sirr, Crónica, No Type, Universe Internacional).


comment
Reviews

There are no reviews yet. Be the first one to write a review.
SIMILAR ITEMS (based on metadata)
eye
Title
Date Archived
Creator
Alg-a
by Carlos Suarez
audio
eye 2,394
favorite 0
comment 1
favoritefavoritefavoritefavoritefavorite ( 1 reviews )
Alg-a
by Carlos Suárez.
audio
eye 254
favorite 1
comment 0
Alg-a
by Hyaena Reich
audio
eye 176
favorite 0
comment 0
Alg-a
audio
eye 73
favorite 0
comment 0
Alg-a
audio
eye 1,169
favorite 0
comment 0
Alg-a
by Manuela Barile
audio
eye 1,810
favorite 0
comment 0
Alg-a
by Alg-a Netlabel
audio
eye 64
favorite 0
comment 0
Alg-a
by Tzesne
audio
eye 1,058
favorite 1
comment 0
Alg-a
audio
eye 630
favorite 1
comment 0
Alg-a
by Netlabel alg-a
audio
eye 85
favorite 0
comment 0